E que son os ODS que nomeei na entrada anterior? Pois non sei se te terás fixado que na televisión, ás veces, aparece xente cun pin multicolor en forma de anel; isto simboliza os ODS.Quizá non recordes os ODM (É normal; daquela quizá nin sequera naceras).
Os obxectivos do milenio, que así se chamaban, pretendían actuar sobre a pobreza, a educación, a igualdade, a saúde e o medio para conseguir unha mellora sobre todo nos países de economía en vías de desenvolvemento.
O ano 2015 é cando remataba o prazo autoimposto polo PNUD (Programa das Nacións unida para o desenvolvemento). Os seus resultados podémolos consultar na súa páxina web.
Os ODS (Obxectivos para o desenvolvemento sostible) supoñen, na realidade, unha continuación e unha ampliación daqueles obxectivos ata o ano 2030.
Parece ser que por fin nos demos conta de que nun mundo cada vez máis globalizado as medidas a tomar deben implicar a todos e cada un dos países (independentemente do seu nivel de desenvolvemento) e a todos e cada un de nós. A Guía dos preguiceiros para salvar o mundo e as 170 accións diarias para salvar o mundo danos consellos sobre que podemos facer para colaborar neste proxecto.
Haberá que poñerse mans a obra, non?


Sem comentários:
Enviar um comentário