segunda-feira, 23 de novembro de 2020

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Coma homenaxe as irmáns Mirabal a ONU no ano 1999 decidiu declarar o 25 de novembro como día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Ogallá chegue o día en que este día perda o seu sentido. Desgraciadamente os datos actuais (oficialmente 41 mulleres asasinadas este ano 2020 e máis de 1000 dende que se iniciou o rexistro aló polo ano 2003) obríganos a tomar partido.


A morte non é máis que o derradeiro chanzo na escada da violencia.
Unha das máximas deste día é o de contra a violencia, educación así que podemos reivindicar concentrándonos, manifestándonos ou como a comunidade educativa deste centro cantando e bailando (en tempos pre-pandémicos, claro).

segunda-feira, 16 de novembro de 2020

E AO SÉPTIMO DÍA...

 "Ao principio Deus creou o ceo e a terra (...) Deus deu por terminada a súa obra o séptimo día e neste día descansou de toda a súa obra" (Xn 1,1.2,2).

Pois non o pon en ningunha parte. Non di iso de "e ao séptimo día creou España". E é que moitas veces temos a idea equivocada de que sempre estivo aí como nós a coñecemos. E si, o que sempre estivo aí  é a Península Ibérica polo que o término correcto que debemos utilizar, á hora de falar deste territorio en historia, é o xeográfico. Por certo non sempre o coñecemento que tivemos del é como o que temos hoxe en día. Para mostra o mapa do mundo segundo a descrición de Estrabon, xeógrafo grego, alá polo S.I dc.


E tede en conta ademáis que ese mesmo espazo, a península Ibérica, tivo diferentes nomes ao longo da Historia: Iberia, Hispania, Al- Andalus, Reinos de Portugal, Castela e Aragón....

Para aclararnos un pouco sobre isto podemos visualizar o seguinte vídeo.

Témolo xa un pouco máis claro?

sábado, 25 de abril de 2020

E DEPOIS DO ADEUS

Este é o título da canción que Paulo de Carvalho interpretou no Festival de Eurovisión do ano 1974. Convertiríase pouco despois no primeiro sinal que puxo en marcha a "Revoluçao dos cravos" en Portugal. Curiosamente neste país, e ao contrario do que é habitual, os militares iniciaron unha revolta en contra do goberno ditatorial e entregou o poder ao pobo. 

Sen embargo a canción que se relaciona con este feito que soa en todas partes cada 25 de abril, e que a xeito de segundo sinal representou a confirmación de que a revolta xa non tiña marcha atrás, é Grândola, Vila Morena do Zeca Afonso.

E curiosamente todo isto ten unha conexión galega, a de Celeste Caeiro que foi a muller que ofreceu un caravel (cravo en Português) a un militar. 

Ao poñelo no canón da súa arma, e ao ser este xesto repetido polos seus compañeiros, simbolizou e deu nome á revolución.

Unha última curiosidade. Queredes saber que archicoñecido grupo gañou o festival de Eurovisión ese ano 18 días antes? Clica!


terça-feira, 14 de abril de 2020

ANTECOS E PERIECOS

Se ben é certo que Galicia é un dos poucos territorios que ten Antípodas, non acontece o mesmo cos Antecos e Periecos (e non, neste caso non nos estamos a referir aos periecos espartanos).

Así como un Antípoda é a persoa que habita o extremo diametralmente oposto ao noso no planeta, o Anteco e aquel que se atopa no mesmo meridiano e no mesmo paralelo pero no hemisferio contrario; temos a mesma hora pero as nosas estacións meteorolóxicas son contrarias. O Perieco é aquela persoa que se atopa no mesmo paralelo pero no contrameridiano ao noso; hai 12 horas de diferencia entre un e o outro pero, iso si vivimos na mesma estación meteorolóxica.
Para comprobar isto tamén podemos utilizar a seguinte ferramenta

sexta-feira, 20 de março de 2020

ASEPSIA


Imaxinades un quirófano no que os cirurxiáns non se lavaran as mans nin o instrumental, no que entraran vestidos cos mesmos traxes que levan pola rúa, non levaran máscara e no que houbese un número indeterminado de persoas a mirar a intervención falando entre eles e fumando...? Pois esta era a situación real no S.XIX. Non é de estrañar logo que entre o 40 e o 60 % dos pacientes morreran de infección. Tampouco se sabía nada de microbios, bacterias ou virus. O descoñecemento era total.

Seguro que estudamos que no S.XIX produciuse un aumento considerable da poboación polo descenso da mortalidade debido fundamentalmente á mellora na alimentación e aos avances hixiénicos-sanitarios. Pois moito desto ten que ver co descubrimento dos xermes e patóxenos. Quizá coñezamos a Louis Pasteur (observou a existencia de microorganismos e propuxo un método para eliminalos) e a Robert Koch (descubriu o bacilo que provoca a tuberculose) pero seguro descoñecemos as dúas persoas que introduciron na medicina o concepto de asepsia: Joseph Lister e con anterioridade, aínda que non lle fixeran moito caso, Ignaz Semmelwais (a quen Google dedica hoxe o seu Doodle).

Non vos parece incrible que aínda hoxe en día nos teñan que recordar a importancia de lavarse as mans?

domingo, 15 de março de 2020

ANTÍPODAS


Como imos ter tempo, nada como entreterse con lecturas...

Hay otra historia que me contaron de pequeña que me gustó mucho mas y en la que todavía creo, aunque no se lo he dicho a nadie. Se trata de lo siguiente: según mi madre, todos tenemos en nuestras antípodas un ser que es exacto a nosotros y que ocupa siempre en el globo un lugar diametralmente opuesto al nuestro (si no, no sería antípoda). Me contaba mi madre que este ser anda, duerme y sufre al mismo tiempo que una porque es nuestro doble y piensa siempre lo mismo que nosotras pensamos y al mismo tiempo. Al parecer, en épocas remotas algunos aventureros viajaron en busca de su doble, pero nunca llegaron a verlo porque el doble se desplazaba al mismo tiempo que ellos para no perder su posición simétrica en el globo, pero también porque el doble había tenido la misma idea y se había puesto a viajar en busca del otro al mismo tiempo. Esta historia me hizo sentirme muy acompañada en la infancia, pues cuando tenía miedo por las noches pensaba en mi antípoda, a la que le estaba pasando lo mismo que a mi y tenía la impresión de que nos mandábamos ánimos de un extremo a otro de la tierra. A veces, por crueldad, me pinchaba con una aguja un dedo para fastidiarla, pero es que ella hacía cosas que tampoco estaban bien, como un día que se rompió un vestido nuevo por no llevar cuidado con unos alambres y a mí me costó estar castigada cinco días sin salir”

                                                 La soledad era esto. Juan José Millás

E non vaias pensar que atoparse co teu antípoda podería ser tan fácil pois si as antípodas seguro existen, ao mellor os antípodas non. E é que a maior parte da superficie dos continentes non ten antípoda en terra como se pode apreciar na ilustración.
Se queres coñecer o teu caso podes acceder a antipodes.map e comprobar se o teu antípoda podería ser unha persoa de carne e óso ou quizá algún animal mariño.