Cando escoitei hai pouco a un político referirse a outro político como felón (sen comentarios) acordeime, como non, de Fernando VII, ese rei que pasou de alcumarse ao principio como o desexado para rematar sendo coñecido, xustamente, como o rei felón.Tirano, hipócrita, cruel, despiadado, vengativo son solo algúns dos adxectivos que se lle adican. E algo de razón debe haber cando é unha figura vilipendiada practicamente por calquera persoa estudiosa da historia (co difícil que resulta poñer de acordo á xente). E a verdade é que á vista das intrigas que protagonizou antes de reinar e as actuacións ao longo dos anos do seu reinado, a adxectivación quédase corta.
Mirade, escoitade e valorade pois.