segunda-feira, 23 de novembro de 2020

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Coma homenaxe as irmáns Mirabal a ONU no ano 1999 decidiu declarar o 25 de novembro como día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Ogallá chegue o día en que este día perda o seu sentido. Desgraciadamente os datos actuais (oficialmente 41 mulleres asasinadas este ano 2020 e máis de 1000 dende que se iniciou o rexistro aló polo ano 2003) obríganos a tomar partido.


A morte non é máis que o derradeiro chanzo na escada da violencia.
Unha das máximas deste día é o de contra a violencia, educación así que podemos reivindicar concentrándonos, manifestándonos ou como a comunidade educativa deste centro cantando e bailando (en tempos pre-pandémicos, claro).

segunda-feira, 16 de novembro de 2020

E AO SÉPTIMO DÍA...

 "Ao principio Deus creou o ceo e a terra (...) Deus deu por terminada a súa obra o séptimo día e neste día descansou de toda a súa obra" (Xn 1,1.2,2).

Pois non o pon en ningunha parte. Non di iso de "e ao séptimo día creou España". E é que moitas veces temos a idea equivocada de que sempre estivo aí como nós a coñecemos. E si, o que sempre estivo aí  é a Península Ibérica polo que o término correcto que debemos utilizar, á hora de falar deste territorio en historia, é o xeográfico. Por certo non sempre o coñecemento que tivemos del é como o que temos hoxe en día. Para mostra o mapa do mundo segundo a descrición de Estrabon, xeógrafo grego, alá polo S.I dc.


E tede en conta ademáis que ese mesmo espazo, a península Ibérica, tivo diferentes nomes ao longo da Historia: Iberia, Hispania, Al- Andalus, Reinos de Portugal, Castela e Aragón....

Para aclararnos un pouco sobre isto podemos visualizar o seguinte vídeo.

Témolo xa un pouco máis claro?