Este é o título da canción que Paulo de Carvalho interpretou no Festival de Eurovisión do ano 1974. Convertiríase pouco despois no primeiro sinal que puxo en marcha a "Revoluçao dos cravos" en Portugal. Curiosamente neste país, e ao contrario do que é habitual, os militares iniciaron unha revolta en contra do goberno ditatorial e entregou o poder ao pobo.
Sen embargo a canción que se relaciona con este feito que soa en todas partes cada 25 de abril, e que a xeito de segundo sinal representou a confirmación de que a revolta xa non tiña marcha atrás, é Grândola, Vila Morena do Zeca Afonso.
E curiosamente todo isto ten unha conexión galega, a de Celeste Caeiro que foi a muller que ofreceu un caravel (cravo en Português) a un militar.
Ao poñelo no canón da súa arma, e ao ser este xesto repetido polos seus compañeiros, simbolizou e deu nome á revolución.
Unha última curiosidade. Queredes saber que archicoñecido grupo gañou o festival de Eurovisión ese ano 18 días antes? Clica!
