quarta-feira, 1 de março de 2023

ATLAS HISTÓRICO MUNDIAL

Supoño que, dende a entrada de "E ao séptimo día..." temos claro que non sempre as fronteiras políticas foron como na actualidade son. E para isto, nada como mirar un Atlas Histórico.

Internet ofrécenos a posibilidade de consultar en liña GeaCron que nos ofrece a posibilidade non solo de modificar o ano, senón tamén o mapa base ou a figuración da toponimia das áreas e as cidades.


Unha boa maneira de coñecer as transformacións políticas que sufriu o territorio ao longo dos anos

segunda-feira, 31 de outubro de 2022

A CARA OCULTA DA LÚA

Inspiración de relatos, cancións, series, obras de arte, exposicións... a cara oculta da lúa sempre estivo impregnada dun matiz misterioso e enigmático.

A pesar de que a ciencia é quen de nos explicar este fenómeno, nada nos impide deixar que siga a voar a nosa imaxinación.

sábado, 29 de outubro de 2022

ANCIENT EARTH

Queres saber como era Galicia ou calquer outro espazo fai millóns de anos atrás? Pois podes sabelo a través da aplicación Ancient Earth que permite descubrir como era un territorio (ou non era) ata 750 millóns de anos atrás.

Quizá descubramos con sorpresa cousas curiosas como que cando apareceron os primeiros dinosaurios, localidades como Outes ou Fisterra estaban somerxidas así que, caso de existir, estes seres serían acuáticos.

sábado, 8 de outubro de 2022

O VERDADEIRO TAMAÑO DE...

Xa sabemos que a terra é un xeoide. E sabemos tamén da dificultade que supón representar nun plano unha superficie esférica. Sempre vai existir unha deformación (distancia, superficie ou forma). Esta é a razón pola que hai diferentes sistemas de proxeccións.

A representación que máis coñecemos é a de Mercator que é cilíndrica e conforme, é dicir conserva a forma pero non a superficie.
Neste mapa a medida que nos imos alonxando do ecuador, os territorios vanse deformando cada vez máis.

Na aplicación "The true size of..." podemos coñecer cal sería o tamaño de cada territorio se estivera situado na liña do ecuador. So temos que escoller e arrastrar. Vainos sorprender o resultado!

quarta-feira, 28 de setembro de 2022

XEODÉSICAS

É o nome que reciben as liñas que unen directamente dous puntos no planeta terra. E non. Non son rectas, senón curvas.
O porque explícanolo moi ben o vídeo a continuación.


En caso de que non nos convenza a explicación, sempre lle podemos dar un matiz diferente á cuestión como fai Deolinda.

segunda-feira, 12 de setembro de 2022

PLUTÓN. PLANETA ANANO

Por que no mes de Agosto do 2006 a Unión Astronómica Internacional na súa asemblea xeral tomaba a sorprendente e inexplicable decisión (para os profanos na materia) de recalificar a Plutón (mais de 70 anos después do seu descubrimento) e deixar de consideralo un planeta máis do noso sistema solar para degradalo e reconvertelo en planeta “anano”?

quinta-feira, 29 de julho de 2021

DÉFICIT ECOLÓXICO

Aínda quedan cinco meses para que remate o ano pero, curiosamente xa rematamos os recursos que a terra tiña dispoñibles para este ano. Ou o que é o mesmo, todo que consumamos a partir de agora vai ser "a crédito" do planeta. O problema é que nunca repoñemos pero si gastamos. Este concepto, o do déficit ecolóxico, denominado tamén día de sobrecapacidade da terra ou "overshoot day" en Ingles, cada ano adiantase máis.


O ano pasado, a conta da Pandemia, conseguimos que o noso planeta tivera un pequeno respiro pero, como nada aprendemos, xa volvemos ás andadas. Non fai falla máis que botarlle un ollo ao informe de calquera ONG que se adique á protección e conservación da natureza.