segunda-feira, 12 de setembro de 2022

PLUTÓN. PLANETA ANANO

Por que no mes de Agosto do 2006 a Unión Astronómica Internacional na súa asemblea xeral tomaba a sorprendente e inexplicable decisión (para os profanos na materia) de recalificar a Plutón (mais de 70 anos después do seu descubrimento) e deixar de consideralo un planeta máis do noso sistema solar para degradalo e reconvertelo en planeta “anano”?

Toda esta historia comezara en xaneiro do ano anterior a raíz do descubrimento realizado polo equipo de Michael Brown do Instituto tecnolóxico de California. A través da “complexa” técnica de comparar dúas imaxes da mesma rexión do ceo (unha de Outubro do 2003 e outra do 2004) observaron como, ante o fondo de estrelas permanentemente fixo, un  novo obxecto descoñecido desprazouse lixeiramente (o que indicaba que pertencía ao sistema solar) e que ademais debía ser de bo tamaño debido ao seu brillo. Denominárono provisionalmente como 2003 UB313; máis tarde foi bautizado como XENA e actualmente é coñecido como ERIS; nome moi adecuado (Deusa da discordia en Grecia; iniciou cunha inocente mazá a archiconocida Guerra de Troia) xa que o descubrimento deste novo obxecto orixinou a disputa ao redor de que tipo de consideración deben merecer algúns obxectos xa descubertos e os novos que aínda quedan por descubrir, xa que é de esperar que a medida que se vaian aplicando as novas tecnoloxías aos sistemas de observación, será tamén cada vez mais probable e abundante a aparición doutros achados.

Coñecíanse con anterioridade a este descubrimento outros obxectos: CERES no Cinto de Asteroides, descuberto xa no ano 1801; QUAOAR e SEDNA no Cinto de Kuiper; pero ningún superaba en tamaño a Plutón, noveno planeta entón do sistema solar. A consideración entón era clara: se Plutón é planeta, Eris por tamaño, debería selo tamén, co que o límite para a clasificación dun obxecto en planeta ou non, se desdibuxaría e deberían ser incluídos entón como tales Ceres e Sedna con pasariámolo a ter un sistema solar conformado por doce planetas.

Para tratar de liquidar a problemática redefiniuse o termo planeta do Sistema Solar e establecéronse tres categorías de obxectos planetarios:

1) Planetas: corpo celeste que orbita ao redor do sol que posúe masa suficiente para ser homogéneo e con forma esférica e que sexa o corpo dominante dentro da súa órbita: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Júpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

2) Planeta anano: coas características dos anteriores pero nin son satélites daqueles e existen nas súas proximidades outros corpos dominantes: Plutón, Ceres e Sedna.

3) Cuerpos pequenos do Sistema Solar: Todo o resto dos obxectos (asteroides, TNO, cometas...); exceptuando, por suposto, os satélites.

Así pois, considérase que o sistema solar está conformado do seguinte xeito (a razón de proximidade-distancia ao sol):

- Planetas terrestres  interiores  telúricos  rochosos (Mercurio, Terra, Venus, Marte)

- Cinto de asteroides (Con Ceres destacado cuxa denominación actual é a de tamén planeta anano)

- Planetas exteriores  xigantes  gaseosos (Júpiter, Saturno e Neptuno)

- Cinto de Kuiper (formado polos obxectos situados máis aló de Neptuno; é dicir transneptunianos, TNO; entre eles Plutón, Quaoar ou Eris)

- Disco disperso ou difuso (nalgúns aspectos se solapa este con o anterior de maneira que se debate se Sedna pertence a un ou outro)

- Nube Oort  ou espazo interestelar (de onde proceden os cometas).



O debate xerado levou non só a non inclusión de Eris como o décimo planeta do sistema solar, senón tamén a exclusión de Plutón dentro desta categoría. De dez a oito nun ano e medio!!.

(Elaboración propia).

Sem comentários:

Enviar um comentário