Moitas veces escoitástesme dicir iso en clase de que Colón, en realidade, non descubriu senón que se topou con América; a disposición meridiana do continente fai imposible a posibilidade de ter "safado" del. Pero isto non resta méritos á fazaña de Colón: propoñer a tola idea de atravesar o Océano Atlántico, convencer a alguén para que sufraxe os gastos, sobrevivir a unha travesía sen destino seguro, chegar a un determinado lugar e volver para contalo... iso si foi un acto heroico (estrictamente isto, nada máis, que as consecuencias que tivo o descubrimento e a conquista para os indíxenas e para o territorio quizá merecera outro calificativo ben distinto). Moito máis se temos en conta o que se coñecía do mundo naquela época. Esta ilustración represéntao bastante ben (e iso que a imaxe é de seis anos despois do descubrimento...)
Que? Foi ou non foi unha tolería? Medio século despois o espazo xa se ampliara considerablemente.