segunda-feira, 31 de outubro de 2022

A CARA OCULTA DA LÚA

Inspiración de relatos, cancións, series, obras de arte, exposicións... a cara oculta da lúa sempre estivo impregnada dun matiz misterioso e enigmático.

A pesar de que a ciencia é quen de nos explicar este fenómeno, nada nos impide deixar que siga a voar a nosa imaxinación.

sábado, 29 de outubro de 2022

ANCIENT EARTH

Queres saber como era Galicia ou calquer outro espazo fai millóns de anos atrás? Pois podes sabelo a través da aplicación Ancient Earth que permite descubrir como era un territorio (ou non era) ata 750 millóns de anos atrás.

Quizá descubramos con sorpresa cousas curiosas como que cando apareceron os primeiros dinosaurios, localidades como Outes ou Fisterra estaban somerxidas así que, caso de existir, estes seres serían acuáticos.

sábado, 8 de outubro de 2022

O VERDADEIRO TAMAÑO DE...

Xa sabemos que a terra é un xeoide. E sabemos tamén da dificultade que supón representar nun plano unha superficie esférica. Sempre vai existir unha deformación (distancia, superficie ou forma). Esta é a razón pola que hai diferentes sistemas de proxeccións.

A representación que máis coñecemos é a de Mercator que é cilíndrica e conforme, é dicir conserva a forma pero non a superficie.
Neste mapa a medida que nos imos alonxando do ecuador, os territorios vanse deformando cada vez máis.

Na aplicación "The true size of..." podemos coñecer cal sería o tamaño de cada territorio se estivera situado na liña do ecuador. So temos que escoller e arrastrar. Vainos sorprender o resultado!