Xa sabemos que a terra é un xeoide. E sabemos tamén da dificultade que supón representar nun plano unha superficie esférica. Sempre vai existir unha deformación (distancia, superficie ou forma). Esta é a razón pola que hai diferentes sistemas de proxeccións.
A representación que máis coñecemos é a de Mercator que é cilíndrica e conforme, é dicir conserva a forma pero non a superficie.
Neste mapa a medida que nos imos alonxando do ecuador, os territorios vanse deformando cada vez máis.
Na aplicación "The true size of..." podemos coñecer cal sería o tamaño de cada territorio se estivera situado na liña do ecuador. So temos que escoller e arrastrar. Vainos sorprender o resultado!

Sem comentários:
Enviar um comentário