domingo, 11 de junho de 2017

RUTH MATILDA ANDERSON

Dicir que unha fotógrafa neoiorquiña andivo por Galicia adiante sacando fotos cando ao seu pai pode non ter nada de especial... a non ser que isto se producirá aló polos anos 20 do século pasado. Aí é nada. É así como este feito toma un cariz ben diferente.


E máis sorprendente aínda resulta o feito de que, despois desta volta, volvera dous anos máis tarde a rematar a súa labor en compañía dunha colega.


Seguro que se nos fixamos recoñecemos os lugares fotografados. Das personaxes, aínda que ela nos dera o nome será máis complicado localizalos.
Botádelle un ollo (na biblio do centro haino) ao catálogo: Unha mirada de antano. Seguro que descubrides máis cousas coñecidas.

sábado, 3 de junho de 2017

EXPLORANDO O DESCOÑECIDO


Seguro que algunha vez soñamos con explorar o mundo e descubrir novos territorios como David Livingstone, estudar civilizacións remotas como Margaret Mead ou, simplemente, aventurarse por territorios inexplorados como Mary Kingsley. Nacemos quizais un pouco tarde para isto a pesar de que aínda seguen a existir rincóns do mundo por explorar.



Pero nada nos impide descubrir (xa que non para o mundo, para nós mesmos) territorios descoñecidos e aprender curiosidades de outros moitos se contamos cun bo libro. E nisto estamos de sorte; na biblioteca contamos con exemplares que nos van a permitir facer isto.
Xa podedes comezar!!

terça-feira, 25 de abril de 2017

ENQUISA EDLG

Dende o equipo de dinamización da lingua galega (EDLG), estamos intentando actualizar os datos de utilización do galego na escola e na contorna pero sen a vosa axuda é imposible; isto é polo que vos agradecemos de antemán a que nos axudedes contestando á seguinte enquisa. Esta entrada só vai estar activa no que queda de semana.
Non é moi larga nin vos vai levar moito tempo. Grazas de novo.

domingo, 12 de março de 2017

EFECTO HALO

Se buceamos un tanto na rede atoparémonos cunha gran cantidade de videos de experimentos sociolóxicos que tentan demostrar (e desgraciadamente o consiguen) que somos terriblemente prexuizosos. Que as apariencias enganan o sabemos pero moitas veces deixámonos arrastrar por elas. O Efecto Halo ten moito que ver con esto xa que a nosa opinión previa dunha persoa ven determinada, en gran medida, polo aspecto ou apariencia desa persoa.




E ti? Que terías feito?

sexta-feira, 3 de março de 2017

LA FLACA

Ademáis dun famoso éxito do grupo "Jarabe de Palo", La Flaca, é o título dunha revista satírica publicada en España durante o período do Sexenio Revolucionario (1868-1874) (podemos acceder aos exemplares dixitalizados tamén a través da hemeroteca da biblioteca nacional).



As súas ilustracións, criticaban dun xeito humorístico a inestabilidade da situación política española provocada a partir da Revolución de 1868, "La gloriosa", e a posterior fuxida a Francia de Isabel II e o baleiro de poder que se orixinou (hai que dicir que esta situación caótica caracterizou a política española durante todo ese século con sucesivos gobernos de tendencias contrarias).


Como aparte dos gobernos, sucedíanse tamén diferentes leis, na nova Constitución de 1869 proclamouse que España (curiosamente sen ninguén no trono) era unha Monarquía e para isto, evidentemente, era preciso buscar un monarca.
Entre os candidatos propostos, o elixido por votación nas cortes foi, Amadeo I de Saboya , xa que vían nel unha figura que representaba o progreso e a modernidade.



Pero esta elección non impediu que se atopara cun rexeitamento xeralizado por parte de todas as clases sociais e políticas (xa que o consideraban un "extranxeiro"), e con problemas que se agudizaron coa súa chegada.
Isto fixo que o seu reinado durara pouco máis de dous anos; farto dos enfrontamentos, sagazmente, renunciou ao trono (a constitución non contemplaba a opción de abdicar) e regresou a Italia (seguro que moi aliviado).