Ademáis dun famoso éxito do grupo "Jarabe de Palo", La Flaca, é o título dunha revista satírica publicada en España durante o período do Sexenio Revolucionario (1868-1874) (podemos acceder aos exemplares dixitalizados tamén a través da hemeroteca da biblioteca nacional).
As súas ilustracións, criticaban dun xeito humorístico a inestabilidade da situación política española provocada a partir da Revolución de 1868, "La gloriosa", e a posterior fuxida a Francia de Isabel II e o baleiro de poder que se orixinou (hai que dicir que esta situación caótica caracterizou a política española durante todo ese século con sucesivos gobernos de tendencias contrarias).

Como aparte dos gobernos, sucedíanse tamén diferentes leis, na nova Constitución de 1869 proclamouse que España (curiosamente sen ninguén no trono) era unha Monarquía e para isto, evidentemente, era preciso buscar un monarca.
Entre os candidatos propostos, o elixido por votación nas cortes foi, Amadeo I de Saboya , xa que vían nel unha figura que representaba o progreso e a modernidade.
Pero esta elección non impediu que se atopara cun rexeitamento xeralizado por parte de todas as clases sociais e políticas (xa que o consideraban un "extranxeiro"), e con problemas que se agudizaron coa súa chegada.
Isto fixo que o seu reinado durara pouco máis de dous anos; farto dos enfrontamentos, sagazmente, renunciou ao trono (a constitución non contemplaba a opción de abdicar) e regresou a Italia (seguro que moi aliviado).

Sem comentários:
Enviar um comentário