sexta-feira, 20 de março de 2020

ASEPSIA


Imaxinades un quirófano no que os cirurxiáns non se lavaran as mans nin o instrumental, no que entraran vestidos cos mesmos traxes que levan pola rúa, non levaran máscara e no que houbese un número indeterminado de persoas a mirar a intervención falando entre eles e fumando...? Pois esta era a situación real no S.XIX. Non é de estrañar logo que entre o 40 e o 60 % dos pacientes morreran de infección. Tampouco se sabía nada de microbios, bacterias ou virus. O descoñecemento era total.

Seguro que estudamos que no S.XIX produciuse un aumento considerable da poboación polo descenso da mortalidade debido fundamentalmente á mellora na alimentación e aos avances hixiénicos-sanitarios. Pois moito desto ten que ver co descubrimento dos xermes e patóxenos. Quizá coñezamos a Louis Pasteur (observou a existencia de microorganismos e propuxo un método para eliminalos) e a Robert Koch (descubriu o bacilo que provoca a tuberculose) pero seguro descoñecemos as dúas persoas que introduciron na medicina o concepto de asepsia: Joseph Lister e con anterioridade, aínda que non lle fixeran moito caso, Ignaz Semmelwais (a quen Google dedica hoxe o seu Doodle).

Non vos parece incrible que aínda hoxe en día nos teñan que recordar a importancia de lavarse as mans?

Sem comentários:

Enviar um comentário