Se exceptuamos á muralla popularizada polos cantantes Ana Belén e Victor Manuel que ten un carácter reversible e pode unir ou separar dependendo de quen veña petar á porta, o resto das murallas e dos muros teñen sempre unha función defensiva e de resistencia. Quizá nos soen, e moito, o muro de Berlín ou ese outro entre EEUU e México que algún dirixente pretende construír. Pero hoxe ímonos fixar nun que ten un matiz positivo.A muralla verde é o intento que, dende o ano 2007 está a facer o continente africano para evitar a expansión do deserto nunha actuación que se extende dende Senegal ao oeste ata Djibuti situado no chamado corno de áfrica.
Deste xeito, preténdese concienciar á poboación sobre a importancia de frear o avance do deserto derivado da sobreexplotación dos recursos.
Sem comentários:
Enviar um comentário