Este pequeno país africano de fronteiras rectilíneas foi unha das colonias que en África posuíu España. Practicamente non sabemos nada del, como nada sabemos das antiguas colonias españolas neste continente (será unha cuestión de vergoña nacional?).
Á historia académica non lle interesa e á realidade actual tampouco.
É curioso, por isto, que teña que ser un best-seller e unha película comercial quen o poña no mapa; estoume a referir a Palmeras en la Nieve, filme que nos introduce nese convulso período de transición no que Guinea Ecuatorial pasou de colonia, a provincia de ultramar e a obter definitivamente a súa independenza. E coincide no tempo con unha película-documental, Un día vi 10.000 elefantes, que narra a viaxe, contada dende o punto de vista de Angono Mba un dos porteadores guineanos, que por ese país realizou Manuel Hernandez Sanjuan entre os anos 1944 e 1946 intentando documentar a vida na Colonia. Documental que deixa ao descuberto.... Case mellor o vedes e sacades vós mesmos a conclusión. Un bo exercicio de reflexión, sen dúbida!!
Sem comentários:
Enviar um comentário